Primeiro almorzo informativo polo desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte
Cegasal organiza o primeiro dos almorzos informativos que fará dentro das actividades 2020 previstas na Rede Eusumo:
ALMORZO INFORMATIVO POLO DESENVOLVEMENTO DUNHA CULTURA EMPRESARIAL INCLUSIVA NA COSTA DA MORTE
Data: 13/11/2019
Horario: 10:00 horas
Duración: 01:30 horas
Lugar: Hotel Punta del Este, avenida de Malpica 125, Carballo
Obxectivos:
Debido a que o 9 de marzo do 2018 entrou en vigor a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, Lei que ten como obxectivo fundamental implementar en España unha contratación pública socialmente responsable e introducindo como finalidade da contratación pública o cumprimento de principios de integridade e promoción de aspectos sociais como medio de lograr a transparencia, igualdade, concorrencia e unha mellor relación calidade prezo.
Dende Cegasal organizan un almorzo informativo, no que se expoñerán os recursos dos que dispón a administración para empregar na contratación pública, apoiando as posibilidades de emprego das persoas con discapacidade e cumprindo as obrigas que define a LCSP, que son:
- Reserva de contratos a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción (disposición adicional 4ª da LCSP)
- Reserva de contratos se servicios de carácter social, cultura e de saúde (disposición adicional 48ª da LCSP)
- Reserva de lotes.
- Incorporación de cláusulas sociais
Ademais, tamén se introducen outros aspectos como por exemplo a prohibición de contratar co Sector Público a aquelas empresas de máis de 50 empregados que non cumpran coa cota legal do 2% de persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal.
Destinatarios: para favorecer a implantación destas ferramentas, Cegasal abre este espazo de debate coas persoas responsables da contratación a nivel local, por ser protagonistas indiscutibles na posta en práctica destas novidades. En concreto, esta xornada está destinada a todos os alcaldes e secretarios dos Concellos da Costa da Morte.
Trataranse as seguintes cuestións:
- Contratación de persoas con discapacidade
- LISMI
- Nova lei de contratos do sector público
Participacións:
Participarán dous expertos en contratación, Elena Barba Pan (secretaria da xunta consultiva de contratación da Xunta de Galicia) e Concepción Campos Acuña (secretaria da administración local do Concello de Vigo), ademáis do administrador único de MaisPorvir, Adolfo Baña, o vicepresidente de Cogami, Ramón Sestayo e Jose Antonio Vazquez, presidente de Cegasal.
Podes solicitar a túa asistencia a través de: info@cegasal.com