Presentación oficial de SAVES

Na web Uvigo-TV publicouse o vídeo da Presentación Oficial de SAVES, Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, proxecto financiado pola Rede Eusumo, e que contou coa participación de Covadonga Toca Carús, en representación da Consellería de Emprego e Igualdade e da Rede Eusumo, ademais do presidente de Foroesgal e do Rector da Universidad de Vigo.

Este proxecto consiste nunha aplicación dixital desenvolvida por ECOBAS, que permite consultar desde calquera dispositivo electrónico unha ampla información económico-financeira sobre as sociedades cooperativas galegas.
Esta ferramenta, accesible desde a páxina web Saves.uvigo.gal, foi cofinanciada pola Rede Eusumo, e está deseñada para axudar á xestión diaria das cooperativas, as súas asociacións representativas, as direccións e a Administración Pública.

Se queres ver a presentación oficial de SAVES, preme nesta ligazón.

 

Martes, 26 October, 2021 - 11:00

Compartir