Presentación de documentación en formato electrónico e autenticación de sinaturas

Presentación de documentación por medios electrónicos
Con carácter xeral, calquera persoa interesada pode presentar documentación dirixida aos rexistros de cooperativas a través da sede electrónica, utilizando o modelo xenérico PR004A acompañado do formulario correspondente dispoñible na Asesoría Virtual de Cooperativas.
Como excepción, cando a documentación que se presenta estea en formato físico (escrituras notariais, documentos privados asinados manualmente, así como os libros sociais) deben presentarse os orixinais a través das oficinas de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta de Galicia ou calquera outro medio dos recollidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común de las administracións públicas. No resto dos supostos, é dicir, cando se presentan unicamente documentos asinados dixitalmente, pode tramitarse todo o procedemento a través de medios dixitais. Así, os procedementos de cualificación previa de estatutos sociais, depósito de contas, inscrición de acordos de nomeamentos e ceses, inscrición da modificación de domicilio social no mesmo termo municipal e actos relativos a cooperativas xuvenís (procedementos todos eles nos que só se require documentación privada que pode asinarse dixitalmente) poden realizarse integramente en forma electrónica. Igualmente é viable esta forma de tramitación para as solicitudes de certificados ou notas simples, nas que non se require ningunha documentación máis que a propia solicitude. Hai que aclarar que cando se requiran varias sinaturas, todas elas teñen que figurar no documento que corresponda. Por exemplo, no caso do depósito de contas, as contas anuais teñen que estar asinadas por todos os membros do Consello Reitor; os certificados de aprobación das contas e distribución ou imputación de resultados, pola Presidencia e Secretaría; o informe de Intervención, se é o caso, pola persoa ou persoas que ocupen estes cargo.
Lexitimación ou autenticación de sinaturas
En todos os supostos de documentación asinada dixitalmente, non será necesaria a lexitimación notarial da sinaturas. Os rexistros de cooperativas deberán verificar a validez das sinaturas dos documentos presentados a través do código de verificación electrónica (cve) ou empregando a plataforma VALIDe, o validador de sinatura electrónica do portal administracion.es (https://valide.redsara.es). Os certificados ou xustificantes da verificación incorporaranse ao expediente. Esta verificación equivale á autenticación rexistral das sinaturas.
PARA CALQUERA CONSULTA PODE DIRIXIRSE A
REXISTRO CENTRAL DE COOPERATIVAS
rexistrocooperativas@xunta.gal
Teléfono: 981 545 540
REXISTRO PROVINCIAL DE COOPERATIVAS DA CORUÑA
rexistrocooperativas.acoruna@xunta.gal
Teléfono: 981 185 890
REXISTRO PROVINCIAL DE COOPERATIVAS DE LUGO
rexistrocooperativas.lugo@xunta.gal
Teléfonos: 982 294 290 / 982 294 288
REXISTRO PROVINCIAL DE COOPERATIVAS DE OURENSE
rexistrocooperativas.ourense@xunta.gal
Teléfono: 988 386 389
REXISTRO PROVINCIAL DE COOPERATIVAS DE PONTEVEDRA
rexistrocooperativas.pontevedra@xunta.gal
Teléfonos: 986 817 005 / 986 817 686
ASESORÍA VIRTUAL DE COOPERATIVAS
avcoop.xunta.gal
Podes descargar a nota informativa premendo aquí.