Premios Galicia Alimentación 2021

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convoca por sétimo ano consecutivo os Premios Galicia Alimentación 2021, que teñen como obxectivo recoñecer e visibilizar as accións da industria con impacto nalgunha destas áreas: emprendimiento, dixitalización, innovación, sustentabilidade, mercadotecnia e internacionalización.

Poderán participar nos Premios Galicia Alimentación 2021 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo esta orixe ou transformación en Galicia ou na frota pesqueira dunha empresa galega.

O tres modalidades na que se distribúen os Premios Galicia Alimentación son tres:

1. Produto innovador: enfocado a premiar os produtos galegos que destaquen pola súa innovación, potencial comercial, deseño, posibilidade de agregar valor ou adaptación ás demandas do consumidor.
2. Proxecto empresarial ou institucional: orientado a galardoar o esforzo de empresas, institucións, organizacións ou asociacións que se caractericen pola súa innovación na produción, modelo de negocio e/ou cadea de valor, polo seu carácter emprendedor e cooperativo ou polo seu desenvolvemento cara á fábrica do futuro 4.0 e cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
3. Estratexia de mercado: recoñecer a innovación das empresas e organizacións da industria alimentaria na súa estratexia de internacionalización e posicionamento no mercado e no desenvolvemento do seu plan de marketing.

Unha mesma entidade pode presentar candidaturas ás diferentes categorías, así como presentar máis dun produto ao Premio Galicia Alimentación ao produto innovador. Doutra banda, os premiados en edicións anteriores poden presentar candidatura novamente na mesma categoría que resultaron gañadores ou en calquera outra.

En caso de concorrencia, o xurado poderá outorgar, un Premio Extraordinario Galicia Alimentación á proxección do sector alimentario e bebidas.

En canto ao prazo de presentación de candidaturas, este finaliza o 1 de xuño de 2021 ás 14 horas. 

Os gañadores daranse a coñecer o 30 de xuño de 2021 no evento anual Foro e Premios Galicia Alimentación organizado por Clusaga.

Para consultar as bases desta convocatoria 2021 preme aquí.

Para obter máis información, comunicacion@clusaga.org ou 981 556 062.

 

Luns, 24 Maio, 2021 - 16:15 to Martes, 1 June, 2021 - 14:00

Compartir