Premios á Cooperación 2024
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2024.
Cal é a finalidade destes premios?
Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.
Que entidades poden participar?
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Cales son as categorías dos premios?
Premio aos valores cooperativos
Outorgarase á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.
Premio ao mellor proxecto cooperativo novo
Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
Premio á traxectoria cooperativa
Outorgarase á cooperativa galega que, na data de publicación da convocatoria, teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de abril de 2024.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
Descarga o cartel