Premio á mellor caseta de alimentación no Xantar 2021 para a Economía Social de Galicia

Foron 37 as firmas agroalimentarias que deixaron o seu selo no Salón Gourmets, considerado como a maior feira de alimentación e bebidas de calidade de Europa e un dos referentes máis prestixiosos do mundo.

Destaca a presenza de 15 bodegas adscritas ás denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, ademais de empresas de queixos das denominacións Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla. Así mesmo, foi moi salientable a asistencia de empresas vinculadas á transformación cárnica e á fabricación e comercialización de diferentes derivados lácteos, xeados, pan, mel, licores e mesmo galletas.

Nesta edición, o Premio á mellor caseta de alimentación foi para Economía Social de Galicia, por facilitar a presenza na feira de cooperativas do sector agroalimentario que son importantes xeradoras de riqueza nas zonas rurais onde se asentan e xeran un crecemento económico sostible e un emprego de calidade, integrador e centrado nas persoas e no territorio; tamén polo esforzo realizado polos seus expositores para ofrecer continuas degustacións aos visitantes. Recolleron o premio Alfredo Vázquez, da Bodega Jesús Nazareno Sociedade Cooperativa Galega, e Alejandro Martínez, de Condado Paradanta Sociedade Cooperativa Galega, da man do vicepresidente da Deputación de Ourense.

Por último, cómpre destacar a participación de moitas outras empresas representativas da economía social e do cooperativismo galego, que amosaron tamén os seus produtos. En concreto, Cooperativa Agraria Provincial (Bico de Xeado), Queixeira Gaia, Alcrique, Terras da Mariña, Tres Fuciños e Barbudos.

Martes, 9 November, 2021 - 14:00

Compartir