LOADING

Plataforma formativa on line

A Rede Eusumo pon a disposición das persoas que queiran coñecer e formarse en cooperativismo cursos en liña totalmente gratuítos. A modalidade de teleformación está pensada para facilitar ao alumnado o seguimento dos cursos xa que non teñen horarios ríxidos, nin esixe apenas desprazamentos. Cóntase cunha titorización personalizada que acompaña o proceso formativo. Os períodos establecidos son amplos e suficientes para poder abordar a materia, aínda en períodos de moita carga de traballo e pouca dispoñibilidade para a formación.

Xa o sabes, se queres realizar cursos formativos a distancia consulta o programa formativo en liña da Rede Eusumo.