Plan de rescate da Xunta de Galicia para as PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS - PECHADO O PRAZO

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas dotado con 30.000.000 euros. 

Poderán ser beneficiarias todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA (incluídas as persoas autónomas societarias e colaboradores familiares) ou no Réxime de Traballadores do Mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecido, no momento de tramitar a solicitude da axuda, o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Se entenderá como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao mesmo tempo, incluiranse os negocios como establecemento de salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga punto anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no apartado III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan, consonte o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café-concerto, café-teatro, café-cantante e tablao flamenco estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés-espectáculo.

Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés categoría especial e karaokes estarían encadrados no catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pubs.

b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932. Transporte por taxi.

CNAE 5010. Transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030. Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621. Provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914. Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911. Actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912. Actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990. Outros servizos de reservas e actividades relacionadas cos eles.

CNAE 8230. Organización de convencións e feiras de mostras.

As axudas económicas serán:

a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 6.1.

b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada tal e como vén definido no artigo 6.2.

As axudas previstas de 1.200 € ou de 2.000 € non son acumulables

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 19 de novembro e o 18 de decembro de 2020.

 

 

 

Xoves, 19 November, 2020 - 09:45

Compartir