Plan de divulgación "O modelo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza"

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza as seguintes xornadas no marco da Rede Eusumo:

O MODELO COOPERATIVO COMO FERRAMENTA PARA FIXAR RIQUEZA NO RURAL EN RODEIRO, SANTA COMBA E LALÍN

Obxectivo:

- Activar posibles recursos dispoñibles nas cooperativas
- Visualizar o potencial das cooperativas galegas garantes de riqueza social e medioambiental
- Explicar a potencialidade do Cooperativismo
- Oportunidades de negocio para crear empresas no rural
- Entender os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e qué rol terá a gandeiría nos novos plans de desenvolvemento sostible e economía circular
- Abordar detalles sobre a aplicación das novas tecnoloxías nos modelos de certificación de benestar animal e pastoreo.

Programa:

​09:00 a 09:30 h: Recepción dos asistentes
09:30 a 11:00 h: As explotacións lácteas galegas garantes de riqueza social e medioambiental. Oportunidades de negocio para crear empresas cooperativas no rural. Casos de éxito cooperativos.
11:00 a 12:00 h: Pegada de Carbono e Hídrica na produción láctea. Resumo de datos 2019.
12:00 a 13:00 h: Os xurros e a súa relación coa economía circular e a redución de emisións na producion láctea.
13:00 a 14:00 h: Obxectivo trazabilidade: CATTLECHAIN, un modelo informático para manexo de parámetros de benestar animal e pastoreo.
14:00 h: Conclusións e remate da xornada.

Lugar: RODEIRO
Ubicación: Edificio Cooperativa “O RODO”, Rúa A Raña, 47, Rodeiro (Pontevedra).
Datas: 26 de febreiro
Programa formativo

Lugar: SANTA COMBA
Ubicación: Edificio “Xallas Santa Comba SCG”, Rúa de Concepción Arenal, 21, Santa Comba (A Coruña)
Datas: 27 de febreiro
Programa formativo

Lugar: LALÍN
Ubicación: Edificio “Cooperativa CAMPODEZA”, Gresande, S/N, Lalín, (Pontevedra).
Datas: 28 de febreiro
Programa formativo

Inscricións:

- Gratuítas

- no 981584783 ou www.agaca.coop

 

Mércores, 26 February, 2020 - 10:45 to Luns, 9 March, 2020 - 10:45

Compartir