Participa no 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar

Entre as actuacións que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego a prol da economía social atópase a promoción da participación en diferentes eventos das cooperativas, sociedades laborais e outras entidades de economía social co fin de facilitar contactos e relacións comerciais para os seus produtos e servizos.    

Nesta liña de traballo, promovemos a participación, a través dun stand conxunto, no vindeiro 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2018 na cidade de Ourense.

Mediante esta iniciativa acollerase, nun espazo expositor compartido, a aquelas entidades interesadas en asistir a este importante evento, que terán ocasión de dar a coñecer os seus produtos a través de sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral. A participación no stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e degustación e o seu persoal de atención.

As entidades interesadas en participar deben comunicar o seu interese no enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.es antes das 14.00 h. do día 15 de xaneiro de 2018.

Agradecendo de antemán o seu interese e participación nesta iniciativa, reciban un cordial saúdo 

 

Mércores, 31 January, 2018 - 04:00 to Domingo, 4 February, 2018 - 13:30

Compartir