Participa na 21ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2020

Entre as actuacións que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego a prol da economía social atópase a promoción da participación en diferentes eventos das cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e outras entidades de economía social co fin de facilitar contactos e relacións comerciais para os seus produtos e servizos. Nesta liña de traballo, promóvese a participación, a través dun stand conxunto, no vindeiro 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 5 ao 9 de febreiro de 2020 na cidade de Ourense.
Mediante esta iniciativa acollerase, nun espazo expositor compartido, a aquelas entidades interesadas en asistir a este importante evento, onde terán ocasión de dar a coñecer os seus produtos cun espazo individual para a mostra e venda directa se así o desexan, así como dar a coñecer os seus produtos e crear ou consolidar relacións comerciais con clientes e colaboradores.
A participación no stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e degustación e o seu persoal de atención.
As entidades interesadas en participar deben comunicar o seu interese no enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.es antes das 14.00 horas do día 13 de xaneiro de 2020.
Se estas pensando en participar, visualiza o díptico.
Para máis información: xantar.org / info@xantar.org / +0034 988 366 030
Podes descargar o dossier co programa completo premendo aquí.