Oportunidades de negocio en economía social

O proxecto LACES (Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social) que se integra no programa Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020, contribúe ao fomento da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na competitividade e o impulso de proxectos empresariais de economía social no espazo transfronteirizo. De entre as súas funcións destaca a levada a cabo polo laboratorio para a identificación de oportunidades de negocio. 

A través dos seguintes enlaces podes consultar os informes con información relevante e descubrir as novas oportunidades de negocio no ámbito da economía social, tanto nos novos sectores emerxentes como nos máis tradicionais. 

Tamén  podes consultar o informe de oportunidades de negocio para a modernización do sector primario onde se inclúen 4 oportunidades de negocio en relación a:

  • Cultivo de fungos comestibles e de uso medicinal (nutracéuticos)
  • Produción de esponxa vexetal
  • Extracción de resinas en Galicia
  • Produción de kiwi  

 

 

 

 

Mércores, 23 December, 2020 - 11:00

Compartir