A Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol retoma a súa actividade

Grazas ás axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol retomou a súa actividade. O seu labor intégrase na Rede Eusumo, e dará servizo e apoio ás iniciativas de fomento do cooperativismo e da economía social, a través do impulso do autoemprego e emprendemento cooperativo e o apoio á xeración de novos proxectos nos concellos que integran a Mancomunidade.

Desta forma refórzase a presenta da Rede Eusumo na comarca de Ferrolterra, que actualmente conta cun Centro de atención permanente de economía social. Cómpre mencionar que na comarca existe unha tradición da fórmula empresarial cooperativa con exemplos en diversos sectores, dende a produción agrícola ata o ensino, pasando por autoescolas e novas tecnoloxías. 

Se queres contar cun asesoramento personalizado e informarte sobre posibles programas formativos vinculados coa economía social e a xestión empresarial, contacta coa Rede Eusumo (info@eusumo.gal / 981 558 008)

 

Martes, 8 Agosto, 2017 - 12:30