Observatorio e Guía para a promoción de iniciativas de economía social no sector pesqueiro

A Fundación para a Pesca e o Marisqueo FUNDAMAR organiza a xornada final de presentación do Observatorio da economía social no sector pesqueiro e a Guía de oportunidades para as iniciativas de economía social no sector da pesca industrial.
O evento terá lugar o vindeiro martes 9 de xullo, ás 11:00 h, no Salón de Actos da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo ARVI, sito en Porto Pesqueiro s/n edif. Ramiro Gordejuela (Vigo).

A xornada transcorrerá do seguinte modo:

11:00 h Benvida

11:20 h  Presentación da Estratexia para a Promoción da Economía Social no eido da Pesca Industrial

11:30 h Mesa Coloquio: A economía social e a RSE no sector pesqueiro

12:30 h Clausura

Se queres coñecer o programa en detalle preme aquí.

Para inscribirte unicamente debes cumprimentar o seguinte formulario.

Para máis información: 986 43 38 44 Ext. 8 / fundamar@fundamar.org

 

No 2018, FUNDAMAR puxo en marcha a e ESO/PES - Estratexia para a promoción da economía social no ámbito da pesca industrial co apoio da Rede Eusumo e é agora cando se presenta o Observatorio como iniciativa pioneira viva e aberta, que servirá como punto de referencia para informar e visibilizar as iniciativas que, baseadas no modelo de xestión da Economía Social, póñense en marcha ou apóianse desde o sector pesqueiro a través da RSE.

Martes, 9 July, 2019 - 11:00 to 12:30

Compartir