Obradoiro: Lánzate a emprender en cooperativa

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA
Datas: do 28 ao 31 de xullo
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Duración: 20 horas (4 sesións)
Lugar: Boiro
Destinatarios: persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias/os e persoal de cooperativas.
Obxectivos:
- Presentar a cooperativa como unha opción laboral de autoemprego colectivo
- Descubrir as características das empresas cooperativas
- Coñecer un caso real dunha cooperativa en funcionamento
Módulos formativo:
Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2: O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3: Organización e fnanciamento
Módulo 4: Experiencia cooperativa.
Inscricións:
- Gratuíta
- Máis información en rosa@espazo.coop ou www.espazo.coop
Se queres visualizar o cartel preme aquí.