Obradoiro gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo:
GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN ROIS
Datas: do 26 ao 30 de outubro de 2020
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Lugar: no auditorio municipal do concello de Rois.
Destinatarios: persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.
Obxectivos:
- Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
- Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
- Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Programa:
- Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
- Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
- Fiscalidade das comunidades de montes
- Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
- Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Se queres visulizalo programa formativo completo preme aquí e para visualizar o cartel aquí.
Luns, 26 October, 2020 - 16:00 to Venres, 30 October, 2020 - 19:00