Obradoiro: Gobernanza Cooperativa nas comunidades de montes veciñais

AGACA, no marco da REDE EUSUMO, organiza a seguinte xornada:

 

GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS

 

Data, lugar e hora:

A mesma xornada vai ter lugar en tres lugares e datas distintas:

  • 10,11,12,13 e 14 de septembro en horario de 17:00 a 20:00 horas no Local social CCMMVV de Serres, Rúa Serres s/n, Muros (A Coruña)

           Podes descargar aquí o Programa de Muros.

  • 17,18,19,20 e 21 de septembro  en horario de 17:00 a 20:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura, Rúa Marqués de Ugena, s/n, Sarria (Lugo)

           Podes descargar aquí o Programa do Sarria.

 

  • 24,25,26,27 e 28 de septembro en horario de 17:00 a 20:00 horas no Concello de Bande, Rúa San Roque, 2-2º, Bande (Ourense)

           Podes descargar aquí o Programa de Bande. 

 

Inscricións: Gratuitas

Durante esta semana aínda te podes inscribir ás xornadas de "Gobernanza cooperativa nas Comunidades de montes veciñais" en Sarria e en Bande.

 ÚLTIMA SEMANA PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO "GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS" EN BANDE

Obxectivos: Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.

Tamén:
- Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
- Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

 

Luns, 17 September, 2018 - 11:00 to Venres, 28 September, 2018 - 11:00

Compartir