Obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas: 21, 22 e 27 de marzo

Horario: de 08:00 a 15:00 horas

Duración: 20 horas

Lugar: Avenida de Peinador, 39, Tameiga, Mos (Obradoiro de emprego de Mos)

Destinatarios: Persoas desempregadas e aquelas que estando en activo queiran traballar de forma cooperativa.

Obxectivos:

- Presentar a cooperativa como unha opción laboral de autoemprego colectivo
- Descubrir as características das empresas cooperativas
- Coñecer un caso real dunha cooperativa en funcionamento

Programa:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2:  O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3:  Organización e financiamento
Módulo 4: Experiencia cooperativa

Para consultar o cartel prema aquí.

Inscricións: no 986886149teresa@espazo.coop 

 

Xoves, 21 March, 2019 - 08:00 to Mércores, 27 March, 2019 - 15:00

Compartir