Obradoiro: E se traballamos en equipo?

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade de teleformación:
E SE TRABALLAMOS EN EQUIPO?
Datas: do 21 de xullo ao 4 de agosto
Duración: 20 horas
Modalidades: en liña
Destinatarios: persoas socias e/ou asalariadas de cooperativas e outras empresas da economía social; persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento cooperativo ou interesadas en formar parte de empresas participativas e a todo o público en xeral interesado na aprendizaxe práctica de habilidades para o traballo en equipo.
Obxectivos:
- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo
Programa:
Módulo 1: Achegándonos ao xeito de traballar nunha cooperativa
Módulo 2: Desenvolvendo habilidades para o traballo grupal
Contido formativo:
- Presentación de Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede Eusumo. Como se traballa nunha cooperativa? Habilidades Sociais e persoais: Autocoñecemento. Autoestima.
- Habilidades de comunicación: a escoita activa. Barreiras na Comunicación. Empatía e asertividade. Habilidades para xestionar críticas, peticións e eloxios.
- Habilidades de xestión social: traballo en equipo. Características do traballo en equipo. Vantaxes e inconvenientes. Fases de maduración do equipo. Os rols nos equipos de traballo.
- Toma de decisións: tipoloxías. A toma de decisión en grupo, vantaxes e inconvenientes. Fases e factores que inflúen na toma de decisións. Avaliación do obradoiro.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario ou no 881 887 456 / patane@espazo.coop
Preme aquí para visualizar o cartel.