Obradoiro: Dinamización do cooperativismo nun sector con potencial

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO NUN SECTOR CON POTENCIAL - SECTOR MARISQUEIRO
Datas: 3, 5, 10 e 12 de decembro de 2019
Horario: 10:00 a 15:00 horas
Duración: 20 horas
Lugar: Centro Cultural do Concello de Ponteceso, avda. de Bergantiños, 65 A, Ponteceso.
Destinatarios: Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias/os e persoal de cooperativas e público en xeral interesado.
Obxectivos:
- Detectar e priorizar sectores con potencialidade para o desenvolvemento cooperativo no ámbito local obxecto da intervención.
- Coñecer a realidade específica do sector elixido no devandito ámbito territorial.
- Procurar modelos alternativos para a dinamización do sector.
- Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.
Programa formativo:
Módulo 1 - Analizando o noso sector.
Módulo 2 - Por que pode axudarnos o cooperativismo?
Módulo 3 - Plan de obxectivos e liñas de acción.
Módulo 4 - Recursos no cooperativismo.
Inscrición:
- gratuíta
- a través de mariajose.pensado@ponteceso.gal / silvana.facal@cabana.gal ou nos 981 715442 / 981 754020
Se queres coñecer o cartel preme aquí.