Obradoiro de Transferencia | Boas prácticas en turismo accesible e inclusivo
Mar de Amicos, Turismo Inclusivo no Sector Pesqueiro organiza o "Obradoiro de transferencia". Terá lugar o vindeiro 28 de setembro, en modalidade en liña, de 11:00 h a 13:00 h.
Este obradoiro está dirixido a a profesionais e entidades dedicadas ou interesadas na promoción do patrimonio marítimo-pesqueiro.
O obxectivo da actividade é intercambiar boas prácticas en materia de accesibilidade e inclusión, no que se trasladarán os contidos da Guía elaborada no marco do proxecto con recomendacións específicas para cada actividade vinculada co patrimonio marítimo pesqueiro.
Mar de Amicos é unha iniciativa de colaboración estratéxica entre Fundamar e Amicos, que conta co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia, e ten por obxectivo fomentar a empregabilidade de persoas con discapacidade a través da promoción do turismo inclusivo e accesible entorno ao patrimonio marítimo pesqueiro.
Se queres participar, inscríbete antes do 27 de setembro a través deste formulario.