Xuñ 23,2017 Categories: Seminario

Obradoiro cooperativas de ensino. Unha alternativa de emprego - Vigo

Título: Obradoiro cooperativas de ensino. Unha alternativa de emprego - Vigo

Descrición: Entre os obxectivos do seminario están o de presentar a cooperativa de ensino como modelo de alternativa laboral para aquelas persoas que dexesen traballar no eido educativo, incidindo nos valores e principios que rexen o movemento cooperativo; mellorar o coñecemento sobre os recursos dispoñibles, tanto públicos como privados, de cara a emprender un proxecto de economía social dentro do campo educativo; informar sobre a situación actual do sector en Galicia, realidades, perspectivas e opcións de entrada para aquelas persoas interesadas na súa filosofía de traballo e presentar experiencias consolidadas, tanto a nivel de constitución de cooperativas como na incorporación como socio/a naquelas xa existentes.

Lugar: Entidade da Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra, sede Vigo, rúa Oporto, 3, Vigo, aula da 3ª planta.

Data: Do 11/07/17 ata o 14/07/17

Horario: De 9:30 a 14:30

Imparte: Teresa Balado Barciela

Programa do seminario

 

Martes, 11 Xullo, 2017 - 04:15 to Viernes, 14 Xullo, 2017 - 10:15