Obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas. A igualdade de oportunidades e a normativa nas cooperativas agrarias
Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:
APODERAMENTO DE MULLERES SOCIAS DE COOPERATIVAS. A igualdade de oportunidades e a normativa nas cooperativas agrarias
Datas: 8,15,22 e 29 de marzo
Horario: de 16:30 a 20:30 horas
Modalidade: en liña
Obxectivos:
- Avaliar o avance da igualdade nas cooperativas agrarias galegas.
- Formar a mulleres socias en formas de organización das cooperativas agrarias, cara a un camiño integrador en igualdade.
- Impulsar propostas de mellora lexislativa acordes coa realidade galega e a igualdade.
- Coñecer a lexislación que impulsa a igualdade nas cooperativas.
- Mostrar prácticas en igualdade e apoderamento e a presenza da muller nos órganos directivos das cooperativas,
- Dispoñer dunha opinión sobre a incidencia da lexislación en relación á igualdade efectiva.
Programa formativo:
- 1º sesión: 8 de marzo
- BENVIDA A PARTICIPANTES: PRESENTACIÓN DOOBRADOIRO E DINÁMICA DE TRABALLO
- ESTADO ACTUAL E DESENVOLVEMENTO DA IGUALDADENAS COOPERATIVAS AGRARIAS DE GALICIA: UN CAMIÑOINTEGRADOR
- A IGUALDADE DE XÉNERO NAS COOPERATIVAS AGRARIASDE CASTELA - A MANCHA: SITUACIÓN, EXEMPLOS ESUXESTIÓNS
- A SOCIA DE COOPERATIVA AGRARIA COMARCAL DEORDES S. COOP. GALEGA E A SÚA PARTICIPACIÓN NACOOPERATIVA - 2º sesión: 15 de marzo
- APODERAMENTO, CONCILIACIÓN, CORRESPONSABILIDADEE PARTICIPACIÓN
- IGUALDADE DE XÉNERO NAS COOPERATIVAS AGRARIAS DEEUSKADI: SITUACIÓN, EXEMPLOS E SUXESTIÓNS
- A PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE. VISIÓN DENDEPOSTORIO S. Coop. Galega - 3º sesión: 22 de marzo
- A MOTIVACIÓN COMO ELEMENTO CLAVE PARA OAPODERAMENTO INTEGRADOR DAS SOCIAS DECOOPERATIVAS AGRARIAS
- IGUALDADE DE XÉNERO NAS COOPERATIVAS AGRARIAS DEESTREMADURA: SITUACIÓN, EXEMPLOS E SUXESTIÓNS
- PASOS PARA AVANZAR EN IGUALDADE: VISIÓN DENDECODEIRA S. COOP. GALEGA - 4º sesión: 29 de marzo
- POSIBLES INCENTIVOS E SUXESTIÓN PARA AVANZAR NAINCORPORACIÓN DA MULLER RURAL NOS ÓRGANOSSOCIAIS
- ANÁLISE COMPARADO DA NORMATIVA GALEGA ACTUALCOA DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS EN RELACIÓN ÁIGUALDADE DE XÉNERO NAS COOPERATIVAS AGRARIAS
- PROPOSTAS DE MELLORA NORMATIVA NO ÁMBITO DAIGUALDADE DE XÉNERO PARA UN CAMIÑO INTEGRADOR
- DEBATE ENTRE AS ASISTENTES SOBRE AS PROPOSTASNORMATIVAS EN GALICIA QUE AXUDEN A UN CAMIÑOINTEGRADOR EN IGUALDADE DAS SOCIAS DECOOPERATIVAS
Inscrición:
- Gratuíta a través desta ligazón
- Para mais info: www.agaca.coop / agaca@agaca.coop
Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.