Obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas

Agaca a través da Rede Eusumo organiza o seguinte obradoiro:

APODERAMENTO DE MULLERES SOCIAS DE COOPERATIVAS
 

Datas e horarios:

- 4 de xullo de 11:00 a 15:00 horas

- 11 de xullo de 10:00 a 18:00 horas

- 18 de xullo de 11:00 a 15:00 horas

Lugar: Hotel Puerta del Camino, rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxectivos:

  • Impulsar a autoestima e o apoderamento.
  • Loitar contra a violencia de xénero.
  • Mellora continua da explotación familiar.
  • A cooperativa como base da mellora.
  • Impulsar proxectos de carácter empresarial/profesional e/ou agroalimentario.
  • Impulsar proxectos no ámbito social e/ou asistencial.
  • Impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenza da muller  nos órganos directivos das cooperativas.
  • Impulsar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos.
  • Formar a mulleres socias en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito.

Programa formativo:

  • Sesión de constitución de Nós, as Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA.
  • Visitas a dúas entidades: Lutega, cooperativa produtora de lúpulo, e Orballo, que produce té.
  • Relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo.

Inscrición:

- Gratuíta

- A través de 981 584783agaca@agaca.coop / www.agaca.coop

Se queres visualizar o cartel preme aquí.

 

Xoves, 4 July, 2019 - 11:00 to Xoves, 18 July, 2019 - 15:00

Compartir