O venres 23 de xuño entregáronse os últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" no CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, entregou os cinco últimos premios do certame "Cooperativismo no ensino" aos alumnos do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros. Os premios entregados foron:
  • Accesit na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de educación infantil polo seu traballo Encaixamos
  • O primeiro premio na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria polo seu traballo Cooperativa.
  • O primeiro premio na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria polo seu traballo Coope-folk.
  • Accesit na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria polo seu traballo En busca do tesouro.
  • O primeiro premio na modalidade "actividades artísticas" ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria polo seu traballo Non pases palabra, coopera!.
Xunto coa entrega de premios, os alumnos e alumnas do centro desfrutaron da compañía teatral Xarope Tulú, que representou a súa obra Cardume, un espectáculo que combina a narración oral coa música en vivo, no que o público participa converténdose, en ocasións, en protagonista. A obra achega historias onde as personaxes traballan xuntas para acadar os seus soños, promovendo valores que fomentan o cooperativismo como son a cooperación, a solidaridade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade.
 
Luns, 26 Xuño, 2017 - 12:15