O programa Re-acciona abre unha nova convocatoria da que tamén se poden beneficiar as entidades da economía social

A Xunta abre desde o 1 de abril e ata o 15 de novembro o prazo de presentación de solicitudes do programa Re-acciona, unha iniciativa do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain) que ten como obxectivo mellorar a competitividade das pemes galegas, incluídas as do ámbito da economía social.

Este programa, que suma máis de 3,2 M€ que supoñen a mobilización de máis de 4 M€, ofrece ás pemes galegas, que cumpran os requisitos establecidos, un total de 13 servizos arredor de tres eixes:

1. Análise e avaliación competitiva

  • Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora
  • Xestión financeira e procura de financiamento
  • Protección da innovación
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo parcial

2. Optimización e mellora competitiva

  • Desenvolvemento estratéxico integral da empresa
  • Análise do cumprimento normativo e os riscos laborais (Compliance)
  • Asesoramento para o relanzamento comercial
  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
  • Protección da innovación (modalidade A), servizo completo
  • Apoio para empresas emerxentes innovadoras
  • Consultaría modular para pemes en captación, retención e xestión de talento

3. Estratexias de competitividade avanzada

  • Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística
  • Preparación de procesos certificables
  • Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na peme: impulsa da empresa cara a sustentabilidade e a creación de valor
  • Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo completo

Neste marco, a Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Igape, cobre ata o 80 % do custo do servizo para a peme.

Desde a súa posta en marcha no 2012, o Re-acciona promoveu o desenvolvemento de máis de 2700 servizos que permitiron mellorar a competitividade de preto de 2000 empresas galegas, mobilizando 13,7 M€.

Para máis información, podes visitar a páxina www.igape.gal

Fonte: Consellería de Economía, Industria e Innovación

 

Xoves, 4 April, 2024 - 16:45

Compartir