O evento "Pop Up Galicia. Saberes y Sabores" celebraráse en Madrid do 12 ao 21 de abril

A Fundación Pública Artesanía de Galicia organiza por terceiro ano consecutivo o evento POP UP GALICIA. SABERES Y SABORES no Palacio de Santa Bárbara en Madrid do 12 ao 21 de abril.

Os obxectivos xerais do evento son:

1. Ofrecer unha imaxe coidada da Artesanía de Galicia e os nosos artesáns, unida a produtores de alimentación e outros, co obxectivo de crear un espazo de calidade sobre GALICIA e o produto galego.
2. Será un evento de venda directa dirixida ao público en xeral e con accións concretas dirixidas a posibles prescriptores de artesanía, decoración, alimentación, cociñeiros e prensa especializada.
3. Co fin de crear un programa que complemente o evento, levaranse a cabo diferentes accións promocionais como presentación de produtos, demostracións, talleres, promocións turísticas, catas, showcookings con cociñeiros galegos, accións dirixidas ao público especializado e tamén aos máis cativos.

O Palacio de Santa Bárbara de máis de 300 metros cadrados está dividido en varios espazos:

1. A Fundación disporá dun espazo propio de promoción e venda de Artesanía de Galicia.
2. A Fundación ofrecerá aos obradoiros seleccionados e as empresas de produtos alimentarios un espazo para que presenten os seus produtos personalmente destinados á venda directa. O espazo consistirá nun coidado marco expositivo no que se habilitará unha mesa de piñeiro alistonado de 180x80x90 cm e tres caixas de distintas medidas para cada empresa.
3. No espazo exterior do Palacio se disporá do espazo BAR.

O custo do espazo para os obradoiros de artesanía de Galicia é de 400 euros + IVE.
Para os produtores de alimentación e outros é de 500 euros + IVE.

A Fundación seleccionará os participantes baseándose en criterios de calidade e presentación dos produtos. Os expositores seleccionados comprometeranse a cumprir integramente o horario establecido nas xornadas, de luns a xoves de 12.30h a 21.30h, venres e sábado de 12.00h a 22.30h e o domingo de 12.00h a 21.30h e a manter en todo momento unha imaxe do seu espazo acorde coa imaxe xeral do evento. Permitirase que ata o máximo de dúas empresas compartan mesa, sempre que se comprometan a ter á venda os produtos das dúas empresas os dez días que dura o evento. Por último, o expositor limitarase ao espazo facilitado pola organización; No caso de pezas de gran volumen o expositor deberá solicitar permiso por adiantado á organización, indicándoo na solicitude de participación.

Se estás interesado en participar neste proxecto, tes que remitir esta solicitude asinada á Fundación ao correo electrónico centro.artesania@xunta.es antes do 6 de febreiro de 2019.

Para máis información, podes consultar o dossier aquí con toda a información que precisas saber.

 

Venres, 12 April, 2019 - 10:00 to Domingo, 21 April, 2019 - 10:00

Compartir