O cooperativismo galego fronte a crise do COVID-19

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza os seguintes encontros virtuais:

O COOPERATIVISMO GALEGO FRONTE Á CRISE DO COVID-19

 

Datas: 6 e 7 de maio

Horarios:

- 6 de maio: de 16:00 a 17.30 horas

- 7 de maio: de 10:00 a 11.30 horas

Duración: 1 hora y media cada encontro virtual

Formato: virtual (a través da plataforma Jitsi)

Destinatarios: cooperativas.

Obxectivo: ter un espazo de posta en común que permita recoller as inquedanzas principais, facer comunidade e devolver o que se estivo facendo, tanto desde o plano politico como desde o plano técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Tamén valorar que alternativas ou fórmulas se poden plantexar para sair o mellor posible da situación actual.

Programa:

1. Presentación do traballo representativo, coa Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira

2. Intervención das cooperativas: Presentación mínima, necesidades e dificultades principais, propostas para sair da situación actual (axudas, ideas, alternativas).

3. Presentación de traballos e actividades no plano técnico, co Xerente da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Tino Gago.

4. Respostas a dúbidas e preguntas que se plantexen previamente polo chat ou canal que se determine.

Inscrición:

A través da seguinte ligazón.
 

 

Mércores, 6 Maio, 2020 - 16:00 to Xoves, 7 Maio, 2020 - 11:30

Compartir