O Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña

A Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Secretaría Xeral de Emprego e o Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña, entre os días 12 e 14 de marzo.

Esta participación desenvolverase a través dun posto propio onde se informará sobre todos os aspectos do cooperativismo, as súas potencialidades e as solucións que ofrece como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.

Daranse a coñecer ao público e aos profesionais asistentes produtos e servizos prestados por 16 cooperativas galegas co fin de establecer contactos e relacións comerciais e de desenvolver redes de cooperación empresarial para, deste xeito, contribuír a fortalecer o sector e poñer en valor o feito diferencial cooperativo.

Así mesmo, as cooperativas asistentes participarán nuns encontros con doce importadores extranxeiros procedentes de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México co fin de darlles a coñecer os produtos novedosos e de calidade da gastronomía propia de Galicia.

As cooperativas  presentes no Fórum Gastronómico  presentarán produtos lácteos e derivados, apícolas, cárnicos, hortofrutícolas, do mar e da pesca, vitivinícolas e doutras bebidas, son: Artesáns da Pesca, S. Coop. Galega, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega, Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, S. Coop. Galega, Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega, Cannaliza, S. Coop. Galega, Como Cabras, S. Coop. Galega, Condado Paradanta, S. Coop. Galega, Cooperativa Agraria Provincial, S. Coop. Galega, Cooperativas Lácteas Unidas, S. Coop. Galega, Freshcut, S.L., Milhulloa, S. Coop. Galega, Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega, Pulponor, S. Coop. Galega, Terras da Mariña, S. Coop. Galega, Verín-Biocoop, S. Coop. Galega y Vicogalo, S. Coop. Galega.

+INFO

 

 

Miércoles, 8 Marzo, 2017 - 19:00