O Catálogo galego de entidades de economía social

Desde a Dirección Xeral  de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social lánzase o Catálogo de entidades e empresas de economía social de Galicia, que responde non só a un mandato legal, senón que ten como obxectivo presentar unha imaxe real e pormenorizada da tipoloxía de entidades existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este Catálogo recolle información relevante sobre todas as entidades que forman parte da economía social en Galicia, co que axuda a dar visibilidade á economía social e a súa aportación á sociedade galega. Para acceder ao Catálogo, podes facelo directamente desde aquí.

Cumpre resaltar que ademais dos datos proporcionados polos diferentes rexistros autonómicos, as propias entidades poden cambiar, engadir ou actualizar os seus datos de contacto, comerciais ou de actividad, e co obxecto de coñecer como é ese proceso, creouse este vídeo explicativo que pode visualizarse premendo nesta ligazón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martes, 18 Maio, 2021 - 10:00

Compartir