O camiño emprendedor

A Fundación Ronsel, a través da Rede Eusumo, organiza as seguintes xornadas:
 

O CAMIÑO EMPRENDEDOR

Proxecto que une a experiencia da peregrinación do camiño de Santiago co potencial emprendedor da comunidade, realizando en cada traxecto unha serie de actividades co acompañamento dun mentor voluntario e o equipo da Fundación Ronsel.

Obxectivo:

Crear unha experiencia única e intensa, na que, a través das diferentes etapas do camiño, potenciaranse as competencias emprendedoras. Preténdese trazar un novo camiño transformador que empregue a peregrinación como fonte de inspiración e o mentoring como vara de apoio.

Etapas do camiño:

Durante os meses de setembro e outubro realizaranse 9 etapas do camiño, repartidas da seguinte forma:

  • SETEMBRO:

    Mércores 23. A Coruña - Sergude (19,7 km)

    Xoves 24. Sergude - Hospital de Bruma (12,6 km)

    Mércores 30. Ferrol - Neda (15 km)
     

  • OUTUBRO:

    Xoves 1. Pontedeume - Betanzos (21 Km)

    Mércores 14. Pontevedra - Caldas de Reis (23 Km)

    Xoves 15. Allariz - Ourense (22,4 Km)

    Mércores 21. O Cebreiro - Triacastela (21,1 Km)

    Xoves 22. Morquintián - Fisterra (19,3 km)

    Mércores 28. Padrón - Santiago de Compostela (25,2 Km)
     

Inscricións: escribiendo a info@fundacionronsel.org indicando o nome da/s persoa/s interesada/s, dni, teléfono de contacto e o proxecto e as etapas a realizar.

Podes acceder ao cartel completo premendo aquí.

 

Mércores, 23 September, 2020 - 10:15 to Mércores, 28 October, 2020 - 10:15

Compartir