Proxecto "O camiño emprendedor"

A Fundación Ronsel, a través da Rede Eusumo, organiza as seguintes xornadas:

O CAMIÑO EMPRENDEDOR

Proxecto que une a experiencia da peregrinación do camiño de Santiago co potencial emprendedor da comunidade, realizando en cada traxecto unha serie de actividades co acompañamento dun mentor voluntario e o equipo da Fundación Ronsel.

Obxectivo:

Crear unha experiencia única e intensa, na que, a través das diferentes etapas do camiño, potenciaranse as competencias emprendedoras. Preténdese trazar un novo camiño transformador que empregue a peregrinación como fonte de inspiración e o mentoring como vara de apoio.

Etapas do camiño:

Durante o mes de setembro realizaranse 5 etapas do camiño, repartidas da seguinte forma:

  • Martes 17/09: REDONDELA – PONTEVEDRA (18,2 KM) + Mércores 18/09: PONTEVEDRA – CALDAS (23 KM)

Saída o martes 17 de setembro pola mañá dende a sede da Fundación Ronsel a Redondela. Comezo da etapa con comida a medio camiño e chegada á tarde a Pontevedra. Faise noite en Pontevedra para realizar a seguinte etapa a Caldas de Reis durante a mañá do mércores 18 de setembro. Pechase cunha reflexión final conxunta. Existe a posibilidade de desprazarse de novo a Pontevedra para asistir ás xornadas do evento Pont-Up Store, que comeza nesa data.

  • Martes 24/09: FERROL – NEDA (15 KM) + Mércores 25/09: PONTEDEUME – BETANZOS (21 KM)

Saída o martes 24 de setembro pola mañá dende a sede da Fundación Ronsel a Ferrol. Comezo da etapa con comida a medio camiño e chegada á tarde a Neda. Faise noite en Pontedeume ou Ferrol,  para desprazarse en transporte público cara o inicio da seguinte etapa a realizar durante a mañá do mércores 25 de setembro. Pechase cunha reflexión final conxunta, para voltar á Coruña nese día.

  • Luns 30/09: PADRÓN – SANTIAGO (25,2 KM)

Saída o luns 30 de setembro pola mañá dende a sede da Fundación Ronsel a Padrón. Comezo da etapa con comida a medio camiño e chegada á tarde a Santiago, onde pecharase cunha reflexión final conxunta, para voltar á Coruña no mesmo día.

Inscricións: a través deste formulario de inscrición que deberás remitir en formato pdf a info@fundacionronsel.org indicando o nome da/s persoa/s interesada/s, o proxecto e as etapas a realizar.

Podes acceder ao cartel premendo aquí.

 

Martes, 17 September, 2019 - 09:00 to Luns, 30 September, 2019 - 09:00

Compartir