O 31 de outubro celébrase o acto "Universidade de Vigo e cooperativismo: 28 anos medrando xuntos"

O 31 de outubro celebrarase un acto académico e divulgativo promovido por ECOBAS que permitirá poñer en valor e dar visibilidade ao cooperartivismo e ás cooperativas, así coma resaltar o apoio que a Universidade de Vigo leva brindando dende fai moitos anos neste ámbito. A xornada conta coa colaboración das principais asociacións de cooperativas galegas, Espazocoop e Agaca, e está organizado ao amparo da Rede Eusumo. 
 
Este evento está dirixido a todas as persoas interesadas, tanto ás que están integradas no ámbito cooperativo e da economía social como a aquelas que non o están, facendo especial fincapé entre o alumnado da universidade, coa intención de que coñezan as posibilidades que ofrece este sector e as teñan en conta á hora de iniciar a súa inmersión no mundo laboral.

A axenda inclúe charlas, mesas redondas de debate, colocación de stands por parte de cooperativas e unha homenaxe á traxectoria de profesionais do ámbito do cooperativismo.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 28 de outubro.

Para consultar o programa completo prema aquí.

 

Mércores, 11 October, 2017 - 09:45

Compartir