Novo obradoiro: titoras xerenciais en cooperativas

Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:
OBRADOIRO TITORAS XERENCIAIS EN COOPERATIVAS
Datas: 14, 15, 21 e 22 de xaneiro
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Duración: 20 horas
Lugar: rúa Tomiño 22, entrechán, Santiago de Compostela (Sede de Agaca).
Destinatarios: persoas candidatas ao programa "Creando mellora", programa de bolsas de apoio á mellora en cooperativas.
Obxectivos:
- Dar a coñecer as características básicas do modelo cooperativo e outros de economía social
- Sentar as bases dunha axeitada función xerencial en cooperativas
- Achegar os recursos e ferramentas a dispor para a mellora e a xestión destas empresas
Programa:
- Módulo1 - Formación cooperativa básica
- Módulo 2 - Habilidades sociais e organización societaria en cooperativas
- Módulo 3 - Plan de mellora e recursos disponibles
Para consultar o cartel preme aquí.
Inscricións: no 986866149 / roberto@espazo.coop