Novo obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:

EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
 

Datas: 24,26 e 29 de novembro e 1 e 3 de decembro de 2021

Horario: de 10:00 a 13:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual

Obxectivos:

  • Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
  • Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
  • Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
  • Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
  • Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través deste formulario de inscrición
- Para mais info: www.agaca.coop / 981 584 783 / agaca@agaca.coop

Se queres coñecer o programa formativo en detalle preme aquí.

 

Mércores, 24 November, 2021 - 10:00 to Venres, 3 December, 2021 - 13:00

Compartir