Novo obradoiro: Por que non traballamos en equipo?

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

 

POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

 

Data: 20/11/18 - 23/11/18 (4 sesións)

Lugar: salón de plenos do Concello de Sada, Avenida do Porto, 24 (Sada)

Horario: 09:30 - 14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas socias e traballadoras de cooperativas e empresas de economía social. Persoas interesadas en coñecer e experimentar o traballo en equipo.

Obxectivos:

- Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo.
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

Os módulos a tratar en cada unhas das sesións son:

Módulo I: Achegándonos ao xeito de traballar na Cooperativa.

Módulo II: Desenvolvendo habilidades para o traballo grupal.

 

Inscricion: a través do seguinte formulario ou no 881 929 057 / aedl@concellodesada.com

Martes, 20 November, 2018 - 10:00 to Venres, 23 November, 2018 - 10:00

Compartir