Novo obradoiro: Habilidades sociais para a xestión do conflito

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

ACHEGÁNDONOS AO CONFLITO. HABILIDADES SOCIAIS PARA A XESTIÓN DO CONFLITO
 

Data: do 21 ao 24 de maio

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Lugar: CIRAGAL, Rúa Hernán Cortés, 15, entlo. Oficina 3, Vigo

Destinatarios: persoas socias e asalariadas de cooperativas e persoas interesadas en desenvolver habilidades para a xestión de situacións de conflito.

Obxectivos:

- Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida
- Coñecer as diferentes fontes das que xurde o conflito
- Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito
- Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito

Programa:

Módulo 1: O conflito está no aire
Módulo 2: As fontes do conflito
Módulo 3: Estilos de resolución de conflitos
Módulo 4: Pautas para a xestión das situacións conflitivas

Podes consultar o cartel premando aquí.

Inscricións: a través do seguinte formulario ou no 986 866 149teresa@espazo.coop

 

Martes, 21 Maio, 2019 - 09:30 to Venres, 24 Maio, 2019 - 14:30

Compartir