Novo obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

 

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas: do 21 ao 24 de maio

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Lugar: Viveiro de Empresas, Noal, 26, Porto do Son.

Destinatarios: Persoas desempregadas e aquelas que estando en activo queiran traballar de forma cooperativa.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento

Programa:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2:  O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3:  Organización e financiamento
Módulo 4: Experiencia cooperativa

Para consultar o cartel prema aquí.

Inscricións: no 981 86 74 12 (Ext: 1302) / jose.pazo@portodoson.gal

 

Martes, 21 Maio, 2019 - 09:30 to Venres, 24 Maio, 2019 - 14:30

Compartir