Novo obradoiro: Formación cooperativa para persoas que queren emprender

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

 

OBRADOIRO FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

 

Data: 11/12/18 - 14/12/18 (4 sesións)

Duración: 20 horas

Lugar: centro sociocultural, Rúa Manuel María, 1, Boiro

Horario: 9:30 – 14:30 horas

Destinatarios: persoas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa. Persoas emprendedoras ou cunha idea de negocio.

Obxectivos:

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Os módulos a tratar en cada unhas das sesións son:

Módulo I: O emprendemento

Módulo II: O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego

Módulo III: Organización e financiamento

Módulo IV: Experiencia cooperativa

 

Inscrición: en www.espazo.coop ou en rosa@espazo.coop / 981575578

Martes, 11 December, 2018 - 10:00 to Venres, 14 December, 2018 - 10:00

Compartir