Novo obradoiro: Comunicación, redes sociais e risoterapia
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza o seguinte obradoiro sobre apoderamento de mulleres socias de cooperativas no marco da Rede Eusumo:
COMUNICACIÓN, REDES SOCIAIS E RISOTERAPIA
Datas: do 6 ao 27 de outubro
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Modalidade: en liña a través da súa aula virtual
Obxectivos:
- Impulsar o apoderamento ea autoestima: formar, asesorar, orientar, aconsellar, animar,motivar...
- Impulsar proxectos: de carácter empresarial, profesional, agroalimentario, no ámbito social e/ou asistencial etc.
- Formar a mulleres en novas actividades produtivas mediante exemplos de éxito.
- Impulsar o emprendemento a través do uso de recursos agrarios ociosos. Impulsar a mellora continua da explotación.
- Impulsar proxectos relacionados co apoderamento e a presenzada muller nos órganos directivos das cooperativas.
Programa:
-
6 de outubro - céntrase en cooperativismo e en Nós, As Mulleres, a Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.
- 13 e 20 de outubro - abordaranse cuestións relacionadas con Comunicación, tema que continúa na sesión do día 20, que se centrará no manexo básico de redes sociais. Pablo López da consultoría Implicatum falará sobre comunicación e Daniel Diéguez da cooperativa Apoio sobre redes sociais.
-
27 de outubro - coa temática da automotivación, que se desenvolverá mediante unha sesión de risoterapia a cargo de Irene Megina da Escuela de Risoterapia de Madrid.
- Gratuíta
- A través da seguinte ligazón
Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Se queres visulizalo programa completo preme aquí.
Mércores, 6 October, 2021 - 10:00 to Mércores, 27 October, 2021 - 14:00