Novo encontro: Tecendo redes desde a Economía Social

Cegasal, a través da Rede Eusumo e dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", organiza este encontro:

PREVENCION RISCOS LABORAIS, RISCOS PSICOSOCIAIS. PANDEMIA E POSTPANDEMIA

Data: 5 de outubro

Horario: de 09:30 a 11:00 horas

Modalidade: en liña

Destinatarios: Axentes da Economía social

Programa formativo: 

1.  Percorrido das distintas colaboracións do ISSGA con CEGASAL en materia de SST, recordando campañas xa realizadas e as que se levarán a cabo en 2022. Especial mención a campañas en época de pandemia e referencia á Unidade de referencia Covid-19 do ISSGA . Adela Quinzá-Torroja. Xerente do ISSGA.

2. Presentación dos aspectos máis relevantes da prevención dos riscos psicosociais e, en concreto, explicación da campaña "RESGARDATE DOS RISCOS PSICOSOCIAIS na COVID-19 nos centros especiais de emprego".

3. Contestación de consultas, intercambio de información e suxerencias que se reciban dos participantes.

Relatoras:

- Adela Quinzá-Torroja. Xerente do ISSGA.

- Mª Jesús Copa Arias, xefa de sección de Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada. Enxeñeira Industrial.Técnica Superior en PRL en 3 especialidades. Membro de grupos de traballo a nivel autonómico e nacional de Ergonomía e P A. Secretaria da Comisión de integración da igualdade en políticas de PRL de Galicia.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través desta ligazón.

Preme aquí para visualizar o programa completo.

 

Martes, 5 October, 2021 - 09:30 to 11:00

Compartir