Novas actividades no rural

No marco da Rede Eusumo, EspazoCoop organiza o encontro "Novas Actividades no Rural".
Esta actividade levarase a cabo en modalidade en liña a través da plataforma Zoom o vindeiro martes 3 de outubro de 2023 en horario de 10:00 h a 12:00 h.
Poderán particiapar neste evento:
- Persoas e entidades vinculadas a novos sectores no rural (p.e coidados; cultura; tic; covivenda; turismo; enerxía;...)
- Persoas e entidades prescritoras de procesos de emprendemento empresarial no ámbito socioeconómico e comunitario
- Persoas e entidades vinculadas a grupos promotores de proxectos en cooperativa ou outras fórmulas de economía social
A finalidade e os obxectivos desta actividade son os seguintes:
- Presentar o Programa de Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos - Edición 2023 de ESPAZOCOOP
- Divulgar as potencialidades do cooperativismo e a economía social e solidaria para novas actividades no rural
- Identificar, definir e atender novas oportunidades no rural e actividades concretas para o impulso do cooperativismo en dito ámbito
- Divulgar boas prácticas de cooperativas en novas actividades no rural
O programa será o seguinte:
10:00 h. - Benvida e presentación das persoas participantes
10:10 h. - Presentación do Programa de Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos – Edición 2023
10:20 h. - Relatorio introdutorio á temática do Encontro
10:50 h. - Dinámica de traballo de identificación das particularidades, fortalezas e oportunidades da fórmula cooperativa e outras da economía social, vinculandoas coa situación do sector e ámbito xeográfico obxecto da Xornada (p.e. Coidados; cultura; enerxía; covivenda; tic; turismo;...)
11:20 h. - Presentación de boas prácticas de cooperativas en novos sectores do rural
10:50 h. - Conclusións e Avaliación do Encontro
Inscríbirte a tavés deste formulario.
Atoparás máis información en espazo.coop