Nova teleformación: Xestión de cooperativas de traballo asociado

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa online:
 

TELEFORMACIÓN XESTIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO

Data: 10/03/20 - 01/04/20

Modalidade: en liña

Duración: 40 horas

Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc) ou público en xeral interesado.

Obxectivos:

  • Estudar os procesos de xestión económico-financeira nunha cooperativa
  • Estudar o réxime fiscal das sociedades cooperativas
  • Estudar a xestión laboral nas sociedades cooperativas
  • Coñecer e reflexionar sobre os diferentes procesos de traballo en equipo
  • Revisar a aplicación das TIC nos procesos de xestión dunha cooperativa

Programa formativo:

Tema 1: Administración e financiación de cooperativas
Tema 2: Réxime económico e fiscal das cooperativas
Tema 3: Xestións laborais nas cooperativas
Tema 4: Equipos cooperativos
Tema 5: Tecnoloxías das Administracións para cooperativas

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Para máis información: 881 887 456 / patane@espazo.coop

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Martes, 10 March, 2020 - 09:00 to Mércores, 1 April, 2020 - 09:00

Compartir