Nova teleformación: Regulamento de réxime interno nas cooperativas

TELEFORMACIÓN REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO NAS COOPERATIVAS

 

Datas: do 23 de marzo ao 27 de abril de 2020

Duración: 40 horas

Formación: en liña

Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións, etc.) e persoas interesadas nesta temática en xeral.

Obxectivos:

  • Presentar os diferentes aspectos da organización interna dunha cooperativa.
  • Ofrecer criterios a ter en conta para deseñar un modelo propio adaptado a cada cooperativa.
  • Dar a coñecer en que consiste e cal é a función dun regulamento de réxime interno na cooperativa.
  • Formular pasos e instrumentos para organizar o proceso de deseño ou revisión dun regulamento interno.
  • Presentar modelos de regulación que faciliten a elaboración dun regulamento de réxime interno propio.

Programa:

Tema 1: Introdución

Tema 2: Conceptos previos

Tema 3: Para que serve un regulamento de réxime interno

Tema 4: Proceso de elaboración ou revisión dun regulamento interno

Tema 5: Regular a relación das persoas socias

Tema 6: Órganos sociais das cooperativas

Tema 7: Réxime económico

Tema 8: Organización do traballo

Tema 9: Tempo de traballo

Tema 10: Anticipos societarios

Tema 11:Réxime disciplinario, laboral e outros

Tema 12:Recursos útiles
 

Inscricións:

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario ou no 881 887 456 / patane@espazo.coop

Podes visualizar o cartel premendo aquí.

 

Luns, 23 March, 2020 - 16:30 to Luns, 27 April, 2020 - 20:30

Compartir