Nova teleformación: Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social ed. X
QUERES ABORDAR CON ÉXITO A TÚA IDEA?
CURSO DE TELEFORMACIÓN "APRENDE A DESENVOLVER O TEU PROXECTO DE ECONOMÍA SOCIAL"
Data: do 18/12/19 ao 13/01/20
Modalidade: en liña
Obxectivos: este curso recolle diversos capítulos que percorren, dun xeito práctico, as pautas, os recursos e os coñecementos para abordar con éxito un proxecto empresarial de economía social.
Público obxectivo: dirixido a todas as persoas interesadas en emprender baixo as fórmulas de economía social ou que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Programa formativo:
MÓDULO 1. Unha nova economía con valores
MÓDULO 2. Que é a economía social?
MÓDULO 3. As cooperativas
MÓDULO 4. As sociedades laborais
MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social
MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas
MÓDULO 7. Pasos para pór en marcha un proxecto de economía social
MÓDULO 8. Financiamento, recursos e liñas de axuda para a creación de empresas cooperativas
Inscrición:
- Gratuíta
- Prazo aberto ata o 17 de decembro
- A través do seguinte formulario.
*Entregarase diploma formativo.
Descarga o folleto do curso para coñecer o programa premendo aquí.