A nova Lei de recuperación de terras agrarias

A asociación para o desenvolvemento rural da comarca de Lugo organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

A NOVA LEI DE RECUPERACIÓN DE TERRAS AGRARIAS
 

Datas: do 27 de xuño ao 1 de xullo

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom

Programa:

  • Luns 27 de xuño de 16:00 a 20:00 horas (Imparte Alejandro Sánchez de Dios. Subdirector de movilidade de terras)
    Parte 1.
    - Antecedentes. O problema do abandono. Xenése da Lei.
    - Definicións.
    - Funcións da Agader
    - Os organismos derivados da lei: O Consello de Xestión, o Comité técnico de Prezos e Valores, as Entidades colaboradoras.
    Parte 2.
    - Os procedementos de investigación da titularidade e declaración de abandono
    - O Banco de Explotacións.
    - A ordenación de usos. Mapa de Usos e Catálogos
  • Martes 28 de xuño de 16:00 a 20:00 horas (Imparte Cristina Zolle Fernández. Movilidade de terras).
    - Banco de Terras de Galicia. Incorporacións e arrendamentos
    - Cesións en propiedade e cesión gratuitas
    - Arrendamentos pactados
    - Uso de sitegal

  • Mércores 29 de xuño de 16:00 a 20:00 horas (Imparte Alejandro Sánchez de Dios. Subdirector de movilidade de terras).
    - Aldeas Modelo. Sistemas de Xestión Conxunta.
    - Espazos Agrarios de transformación
    - Plans de dinamización.
    - Procedemento sancionador

  • Xoves 30 de xuño de 16:00 a 20:00 horas (Imparte Carlos Díaz Redondo. Xefe da Área de Xestión de movilidade de terras).
    - Polígonos Agroforestais. Polígonos de iniciativa pública, privada e polígonos cortalumes
    - Permutas de Especial Interese Agrario

  • Venres 1 de xullo de 10:00 a 14:00 horas (Imparte Equipo técnico do GDR Comarca de Lugo)

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través desta ligazón

Para máis información: 982238000

 

Luns, 27 June, 2022 - 16:00 to Venres, 1 July, 2022 - 20:00

Compartir