Nova formación: Habilidades sociais para a xestión do conflito

Espazo Coop, a través da Rede Eusumo, organiza unha nova actividade formativa:

HABILIDADES SOCIAIS PARA A XESTIÓN DO CONFLITO
 

Data: 25, 26, 29 e 30 de xuño

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Lugar: no salón de plenos do Concello de Sada, avda. do Porto, 24, Sada.

Destinatarios: persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socios/as e persoal de cooperativas e público xeral interesado.

Obxectivos:

- Comprender que o conflito é algo natural que está presente na nosa vida
- Coñecer as diferentes fontes das que xorde o conflito
- Coñecer e experimentar os diferentes estilos de afrontamento do conflito
- Achegarnos a xeitos construtivos de xestionar as situacións de conflito

Programa:

Módulo 1: O conflito está no aire
Módulo 2: As fontes do conflito
Módulo 3: Estilos de resolución de conflitos
Módulo 4: Pautas para a xestión das situacións conflitivas

Podes consultar o cartel premendo aquí.

Inscricións: a través do seguinte formulario ou no 620 765 150 / aedl@sada.gal

 

Xoves, 25 June, 2020 - 09:30 to Martes, 30 June, 2020 - 14:30

Compartir