Nova edición: Obradoiro gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a seguinte obradoiro no marco da Rede Eusumo:

GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MOAÑA
 

Datas: do 5 ao 9 de outubro de 2020

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Lugar: na comunidade de montes veciñais en man común de Domaio, Os Currás, Costa 46D, Domaio, Moaña.

Destinatarios:  persoas interesadas na xestión dos montes veciñais en man común.

Obxectivos:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Programa:

  • Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común
  • Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes
  • Fiscalidade das comunidades de montes
  • Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común
  • Instrumentos de ordenación ou xestión forestal

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través do 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Se queres visulizalo cartel formativo preme aquí.
 

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

 

Luns, 5 October, 2020 - 16:00 to Xoves, 8 October, 2020 - 19:00

Compartir