Nova edición: Lánzate a emprender en cooperativa

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA
 

Datas: do 6 ao 20 de outubro

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop
Habendo dúas sesións virtuais de aprendizaxe: os días 6 de outubro (sesión inicial) e 20 de outubro (sesión final) en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas desempregadas, persoas activas que buscan outra forma de traballar; alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais e tamén persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa.

Obxectivos: 

- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Módulos formativo:

Módulo 1: O emprendemento
Módulo 2: O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego
Módulo 3: Organización e fnanciamento
Módulo 4:  Experiencia cooperativa.

Inscricións:

- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop

Se queres visualizar o  cartel preme aquí.

 

Martes, 6 October, 2020 - 11:00 to Martes, 20 October, 2020 - 12:30

Compartir