Nova edición: Ideas cooperativas en acción
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
IDEAS COOPERATIVAS EN ACCIÓN
Datas: do 14 ao 30 de setembro de 2022
Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación
Horario: dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 15 e 19 de setembro en horario de 11:00 a 12:30 horas
Duración: 20 horas
Destinatarios: persoas emprendedoras, persoas ocupadas ou en situación de desemprego, persoas cunha idea de negocio, persoas que forman parte dun grupo promotor de autoemprego colectivo
Obxectivos:
- Mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
Programa formativo:
Tema 1 - Identifica o teu proxecto cooperativo (CANVAS)
Tema 2 - Analiza as áreas comercial e de mercado.
Tema 3 - Estudia a viabilidade económica e financeira
Tema 4 - Planifica a área organizativa e os trámites de constitución (CONSOLIDA_ES)
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do seguinte formulario.
- Para máis información: patane@espazo.coop / 697 877 773
Podes premer aquí para visualizalo cartel.